
Cántigas da Terra pecha as Xornadas de Coros Históricos este sábado día 11 ás 19.00 h. O concerto terá lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo. O coro da Coruña convértese así na última formación en participar nos actos de conmemoración do Centenario do coro lucense Cántigas e Aturuxos. Broche de ouro co coro galego por antonomasia.