Actos do Ano Lois Pereiro en Monforte

Mañá sábado 11 estaremos celebrando o Ano Lois Pereiro en Monforte. Ás 12.00 h terá lugar o acto de nomeamento da Casa da Cultura de Monforte de Lemos como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO. Ás 12.30 h, no salón de actos da Casa da Cultura, desenvolverase un acto aberto ao público de lectura de textos de Lois Pereiro por parte, entre outros, dos escritores Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretará breves pezas musicais e a xornada conmemorativa rematará ás 21.00 h cun concerto na Praza de España a cargo dos grupos Vera Lynn e Os Tres Trebóns.

Para afondar máis na figura do poeta da contracultura, recomendámosvos a Fotobiografía Sonora de Lois Pereiro. Unha obra que nos achega ao mundo máis persoal de Lois Pereiro, a través das máis de 100 fotografías inéditas do seu álbum familiar e os textos biográficos asinados polo seu irmán,ademais de dous CD´s que recollen a propia voz do autor e os seus poemas musicados.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies