Unha bandeira histórica na expo de Cántigas e Aturuxos

Esta é a imaxe da histórica bandeira galega, que data do 1917, recibida polo coro Cántigas e Aturuxos como agasallo do Centro Galego de Madrid. É unha das icónicas pezas que forman parte da exposición “Primeiras Gravacións Lucenses. Cántigas e Aturuxos 1918”. Aínda tedes oportunidade de visitala, continúa aberta ao público no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo até o día 22 de abril.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies