Últimos días do Festival da Biosfera

O Festival da Biosfera que desde hai días mergulla a cidade de Lugo na cultura da auga e dos bosques afronta xa a súa recta final. Por diante, quedan aínda seis intensas xornadas con diversos eventos científicos, sociais e artísticos. Desglosamos o programa por días para que anotedes na vosa axenda os que máis vos interesen. Martes 24: conferencia “Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño”. Mércores 25: conferencia “Proxecto Ríos” e audiovisual “Asolagados”. Xoves 26: conferencia de Joaquín Araújo, fundador de bosques. Venres 27: presentación de “O Miño. Un caudal de historia”. Sábado 26: o espectáculo “A Barca dos Contos” e conversa “Auga e desenvolvemento sostible”. Domingo 27: visita guiada “Os bosques de ribeira. O río Mera” (prazas limitadas). Toda a información sobre estas actividades, está dispoñible na web do festival en festivaldabiosfera.gal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies