Este venres 20 de marzo estaremos presentando en Tui os dous cadernos de Xoguetes naturais, o de primavera-verán e o de outono-inverno. Será ás 19.30 horas na Sala Félix Rodríguez do edificio da Área Panorámica de Tui.
Cada un destes libros ensina como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas, flores… Lembrade que temos na web unha oferta para mercar xuntos os dous cadernos. Se vos interesa, tedes máis información aquí.