Presentación de “Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918”

Ouvirmos presenta mañá mércores, 4 de marzo, o libro+CD “Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918“. O evento terá lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo ás 20 horas e contará coa intervención do autor, Ramón González González e coa actuación de Cántigas e Frores.

Este libro recolle a historia completa do coro lucense Cántigas e Aturuxos (1915-1948). Unha crónica reconstruída a través do libro de actas, os seus discos de gramófono orixinais e unha exhaustiva recompilación de todas as reseñas que sobre Cántigas se fixeron na prensa e literatura da época. Inclúe ademais un CD con vinte temas que recuperan os primeiros rexistros sonoros do coro no ano 1918, entre os que se inclúe a súa histórica gravación do Himno Galego.

A obra, que forma parte da colección A Tiracolo, non segue o modelo convencional desta serie, senón que aposta por un libro de maior formato e chega até as 188 páxinas de contido.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies