Participa no concurso #eusiqueleo

A Asociación Galega de Editores vén de poñer en marcha unha campaña “en positivo” a favor da lectura nas redes sociais, facebook e twitter.

#eusiqueleo foi o lema elixido pola AGE para visibilizar os lectores e darlles a oportunidade de protagonizar esta campaña que está pensada neles, no seu apoio imprescindible á lectura e aos libros publicados en Galicia polos editores galegos. Os lectores concursantes deberán facerse unha foto e enviala mediante as dúas redes sociais ou ao correo eusiqueleo@gmail.com. Os libros gañadores dos Premios da Edición serán o agasallo para o lector-a que faga chegar a mellor imaxe gráfica da campaña.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies