A mostra “Primeiras Gravacións Lucenses. Cántigas e Aturuxos 1918” abre este xoves 19 de marzo no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo. A exposición enmárcase dentro dos actos de celebración do Centenario do coro lucense e permanecerá aberta ao público até o día 22 de abril.
Un gramófono da época, o libro de actas ou os discos orixinais da formación son algunhas das pezas que agora recuperamos nesta mostra para conseguir achegar ao público o valioso traballo cultural realizado desde Cántigas e Aturuxos.
Podes comprar o libro+CD “Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio Lucense. 1918″, aquí.