A bandeira orixinal, o libro de actas do coro e os discos de gramófono orixinais son as pezas máis destacadas da mostra sobre Cántigas e Aturuxos que abre as súas portas hoxe en Lugo. A exposición poderá visitarse até o próximo día 22 de abril no Centro de Artesanía e Deseño da capital lucense.
Baixo o título “Primeiras Gravacións Lucenses. Cántigas e Aturuxos 1918″ a mostra recupera a historia do coro que foi protagonista dos primeiros rexistros sonoros lucenses así como da gravación histórica do himno galego (1918) e levou o nome de Lugo máis alá das nosas fronteiras.