Samuel Diz, artista da semana en GalicianTunes

O guitarrista Samuel Diz é artista da semana en GalicianTunes. A plataforma internacional da música galega destaca desde o 16 ao 22 de febreiro o perfil de Samuel nese sitio web e fai un repaso á súa traxectoria profesional no Facebook de GalicianTunes. Aquí valoran o “compromiso de Samuel Diz coa recuperación e dinamización do patrimonio musical galego do que nace “Guitarra Clásica Galega” (Ouvirmos, 2012), traballo discográfico de investigación que percorre o pasado, presente e futuro do instrumento na nosa cultura. Samuel Diz recupera neste disco obras inéditas coma a “Pastoral” para guitarra de Jesús Bal y Gay ou a colección de valses “Violetas” de José Fernández Vide. Velaquí a “Muiñeira” da Suite Compostelana de Frederic Mompou, interpretada na Casa de Galicia de Nova York en decembro de 2011″.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies