O 31 de xaneiro cumpríronse 100 anos do nacemento do etnomusicólogo norteamericano Alan Lomax (1915-2002). A cultura tradicional débelle moito a este texano que no inverno de 1952 chegou a Galicia para recorrer cidades, vilas e aldeas co obxectivo de rexistrar gravacións da nosa música popular. O resultado desta viaxe plasmouse no volume catro da colección World Library of Folk and Primitive Music, que incluía seis temas galegos. Posteriormente, publicaríase no 2001 o álbum The Spanish Recordings: Galicia, unha recompilación de trinta dos temas gravados por Alan Lomax no seu periplo por Galicia. Escoitade aquí unha desas pezas: O cantar do arrieiro.
Os cen anos de Alan Lomax
- Gabinete de prensa
- 2 de Febreiro de 2015
- Blog