Hoxe cúmprense 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro. A súa imaxe aparece nas pantallas dos ordenadores de medio mundo porque o navegador Google dedícalle hoxe o seu doodle. Sumámonos tamén aos múltiples actos de homenaxe organizados, compartindo un pouco de música. A do grupo Resonet, que tomou dos cancioneiros populares as melodías das cantigas nas que se inspirou a propia Rosalía para musicar os poemas de Cantares Gallegos. Podedes escoitar aquí abaixo o tema “Has de cantar”, incluído no álbum Cantares Galegos publicado polo Selo Ouvirmos.
Has de cantar – Resonet