A nosa empresa irmá en Braga, Tradisom, lanza unha campaña para recadar fondos co obxectivo de publicar nunha edición especial e conmemorativa os dez traballos discográficos editados pola Brigada Victor Jara ao longo dos seus 40 anos de historia. Para os que apoiedes esta iniciativa desde Galicia, sabede que os portes son gratuítos. Pinchando aquí, podedes colaborar de distintas maneiras con este marabilloso proxecto.