Faino ti mesmo: Lancha de piñeiro

Facémosvos unha proposta para estas tardes de inverno. A moda do ‘faino ti mesmo’ aplicada aos xoguetes. Compartimos con vós as instrucións para elaborar unha lancha de casca de piñeiro. Só tedes que facervos cos elementos da natureza necesarios, unha navalla e xa estades listos para construír coas vosas propias mans un fermoso xoguete. Dádelle o voso toque persoal deixando voar a imaxinación e a creatividade. Trátase dunha actividade ideal para compatir tempo de calidade cos máis pequenos da casa. Pinchando aquí, tedes o paso a paso para construír a lancha. E aquí, a ligazón ao libro ao que pertence esta argallada: Xoguetes naturais. Outono-Inverno.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies