Arranca a nova programación no Río Rato

Novo ano, novos proxectos. É o momento de encher a axenda con actividades interesantes como as que nos propoñen desde o Centro de interpretación Terras do Miño no Río Rato en Lugo. O día 27 abren a tempada cun obradoiro de arte floral sostible ao que seguirán actividades para elaborar conservas ou cervexas artesás así como a planificación e coidado dun horto. Tamén haberá andainas nocturnas, conferencias e propostas infantís específicas como a ludoteca natural e os obradoiros de ciencia. Toda a  programación completa para o primeiro trimestre do ano, aquí.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies