Os xoguetes naturais van ao Culturgal

Ouvirmos estará presentando os dous volumes de Xoguetes Naturais o sábado 6 de decembro ás 18.00 h no Espazo Libro do Culturgal. Os autores Xosé López González e José M. García Fernández falarán do xermolo e proceso de creación destes dous libros, un dedicado aos xoguetes de primavera-verán e o segundo, aos de outono-inverno.

Ambos os dous cadernos ensinan como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas, flores… a través doutras tantas fichas. Cada unha das fichas acompáñase de ilustracións realizadas a lapis e de textos explicativos que dun xeito didáctico e práctico nos descubren como construír un guerreiro de landra, un gorro de follas de castiñeiro, unha boneca de papoula, un bailarete de bugallo ou un cabalo de folla de millo, entre outros.

Podedes atoparnos durante os tres días que dura a Feira no stand de Ouvirmos, o número 26.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies