Samuel Diz, o intérprete de Guitarra Clásica Galega, participa na xira Camiños da Guitarra clásica galega organizada por Xacobeo, xunto á exposición Peregrinatio. Con esta xira, chega o próximo venres día 7 ás 20h ao Centro Comarcal de Mondoñedo, onde interpretará unha recompilación de pezas fundamentais que nos levarán desde melodías medievais até o século XXI coa nova xeración de compositores como o compostelán Fernando Buide. O programa completo e resto de datas poden consultarse aquí.