Presentación da biografía de Aller Ulloa en Lalín

O Museo Ramón María Aller de Lalín acolle a presentación do segundo volume, da nosa colección de Biografías, dedicado ao astrónomo e matemático Ramón María Aller Ulloa. Será este venres día 28 de novembro ás 20.30h e contaremos coa intervención do seu autor, o astrónomo e catedrático José Angel Docobo Durántez.

O padre Aller foi pioneiro na investigación astronómica en Galicia e introdutor do estudo das estrelas dobres no Estado español. Construíu en Lalín o primeiro observatorio astronómico galego con fins científicos, e fundou o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. No seu haber conta coa descuberta de catro estrelas dobres e unha extensa produción científica, ademais dos seus libros Algoritmia, Astronomía a simple vista e Introducción a la Astronomía, referente na Universidade española durante anos.

Podedes comprar a biografía de Ramón María Aller Ulloa aquí, e a de Antonio Casares Rodríguez, aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies