Xa abriu as súas portas o Outlet do Libro Galego na Coruña. Desde o pasado sábado e até o próximo domingo día 23, pode visitarse no Centro Sociocultural AFundación (Cantón Grande) en horario de 11 a 14h e de 17 a 21h (de luns a xoves e domingo) e de 11 a 14h e de 17 a 21,30h (venres e sábado). Non perdades a oportunidade de mergullarvos na busca de auténticos choios!