O Consello da Cultura Galega acolle mañá xoves, día 20, un simposio dedicado ao libro e a lectura nos medios. Un encontro que vai afondar nalgunhas das causas da escasa visiblidade do libro e da lectura nos medios de comunicación. O director de Ouvirmos, Xosé Aldea, estará presentando ás 10.30h, a mesa redonda sobre “A cultura nos medios. O caso galego”, na que participarán os xornalistas Manuel Gago, Xosé Manuel Pereiro e Camilo Franco.