Sumámonos á campaña da Consellería de Educación que promove a celebración do Mes da Ciencia en Galego durante este novembro. Convidámosvos a descubrir a través das nosas Biografías de científicos a dous pioneiros fundamentais nos ámbitos da química e da astronomía. Antonio Casares Rodríguez e Ramón María Aller Ulloa, respectivamente. Animádevos a descubrir a apaixonante vida de Casares, quen foi capaz de iluminar a noite santiaguesa por primeira vez, así como levar a cabo as primeiras cirurxías con anestesia no Estado. Tamén a de Aller Ulloa, o crego que apuntou co seu telescopio cara ao ceo na procura de novas estrelas.
Mes da Ciencia en Galego
- Gabinete de prensa
- 10 de Novembro de 2014
- Blog