A programación do Culturgal, xa dispoñible

Entramos xa na recta final da conta atrás para que o Culturgal 2014 abra as súas portas ao público no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Feira, que durante tres días se converterá no centro neurálxico da industria cultural galega, xa puxo a disposición do público a programación do Culturgal. Un total de 150 actividades dos máis diversos ámbitos da cultura galega: literatura, música, artes escénicas, cinema, novas tecnoloxías, artes plásticas e visuais, gastrocultura… dirixidas a toda a cidadanía, desde picariños en cueiros até profesionais e programadores.

Programación Culturgal, en pdf.


 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies