Vota xa o Premio do Público Culturgal 2014

Xa está aberto o prazo para votar o Premio do Público Culturgal 2014. Cineuropa, Diario Cultural e Viñetas desde o Atlántico son os tres finalistas deste ano. O público é quen elixirá a proposta gañadora do Premio mediante un sistema de votación por Internet –límite dun único voto por IP- a través dun apartado especial da web de Culturgal que permanecerá aberto até o día 18 de novembro. O Premio do Público Culturgal 2014 ten como finalidade destacar o recoñecemento de proxectos relevantes para a sociedade e vinculados á cultura galega. Xa podes dar a túa opinión.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies