Ouvirmos vén de publicar o segundo volume da colección de Biografías de científicos. Ramón María Aller Ulloa, pioneiro na investigación astronómica en Galicia é protagonista da obra asinada por José Ángel Docobo Durántez. Ademais de construír o primeiro observatorio astronómico de Galicia, o padre Aller conta no seu haber coa descuberta de catro estrelas dobres e unha extensa produción con centos de estudos e observacións sobre cuestións astronómicas e matemáticas, así coma os seus libros Algoritmia, Astronomía a simple vista e Introducción a la Astronomía, referente na Universidade española durante anos. Xa está dispoñible nas librarías e a través da nosa web aquí.
A colección de Biografías de Ouvirmos está dedicada a rescatar a vida e obra dos pioneiros da nosa historia que coas súas ideas, esforzo e creatividade, achegaron luz e progreso á sociedade.