Por que non se fala da música culta galega?

“Na escola non se fala das e dos compositores galegos contemporáneos”. Son palabras de Margarita Viso, presidenta da Asociación Galega de Compositores, para Sermos Galiza, que dedica esta semana o suplemento A Fondo a debullar a situación actual da música culta galega contemporánea. Viso, coordenadora do suplemento, lamenta a invisibilidade destes compositores e esixe a implicación das institucións nunha entrevista asinada por Belén Puñal. Botádelle un ollo á entrevista e ao A Fondo. Nós, por suposto, recomendámosvos ademais a valiosa e completa obra de Lorena López Cobas, Historia da Música en Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies