Participamos na exposición Barriga verde, de feira en feira achegando catro temas musicais da Banda Batallón Mérida para a banda sonora da mostra. Organizada pola Asociación Cultural Morreu o Demo, pretende dar a coñecer o contexto no que se desenvolveu o teatro de títeres de Barriga Verde, unha expresión da cultura popular galega que se prolongou durante a primeira metade do s.XX. A exposición pode visitarse até o 15 de outubro no Pazo de San Marcos en Lugo. Máis información en culturagalega.org #morreuodemoacabouseapeseta @morreuodemo