Guitarra Clásica Galega na Complutense

Samuel Diz foi o elixido para clausurar as Xornadas Internacionais de Literatura Galega, organizadas polo Centro de Estudos Galegos da Complutense xunto á UNED. O recital será mañá venres 19 ás 19.45 horas no Paraninfo de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Samuel interpretará obras do seu disco Guitarra Clásica Galega -Chás, Herminio Iglesias, Prados e Bal y Gay- xunto á recente partitura recuperada para o Gaiás Atardecer de Juan José Mantecón.

O programa completo das xornadas, aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies