‘Xeados’ e ‘Pratos do mundo’, xa á venda

Os dous últimos volumes da nosa colección de Cociña infantil e familiar xa se atopan á venda nas librarías. Dous libros de receitas monográficos dedicados á cociña internacional e ao universo dos xeados. ‘Pratos do mundo‘ achégase á gastronomía alén das nosas fronteiras, desde Australia até Arxentina pasando por Xapón ou Alemaña. E o libro ‘Xeados‘ descúbrenos orixinais formas de presentar as nosas sobremesas xeadas: un oasis, unhas xoaniñas, uns pitiños, unhas arañas ou uns tabeiróns ben fresquiños.

Con estes dous novos lanzamentos conclúe a colección composta por 10 libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, especificamente concebidos para experimentar en familia. Os outros títulos xa publicados son: Bocadillos e Sándwiches, Sobremesas, Pastas e Pizzas, Menús para festas, Arroces, Peixes, Carnes e Chocolates.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies