Este venres día 29 estaremos presentando o libro ‘Xoguetes naturais. Primavera-Verán’ ás 20.30 horas na Casa do Concello de Lourenzá. Contaremos con Xosé López González e José M. García Fernández, pais deste caderno que ensina como realizar paso a paso 30 xoguetes con follas, herbas, flores… Argalladas dos pícaros, que non só mostran un forte compromiso coa defensa do medio ambiente, senón tamén un devezo profundo de recuperación e posta en valor do xoguete popular e tradicional.
Os autores xa están a preparar un segundo volume con xoguetes propios das estacións de outono e inverno.