As argalladas dos pícaros no ‘Galicia por diante’

Os autores de Xoguetes naturais. Primavera-Verán foron entrevistados para o programa ‘Galicia por diante’ na Radio Galega. Compartimos aquí a conversa na que  Xosé López González e José Manuel García falan da volta a unha infancia diferente, explican como construír unha lancha de xunco e desvélannos ademais os mellores lugares para xogar cos cativos na natureza. Lembrámosvos que Xosé e José Manuel estarán o sábado 23 todo o día no festival Revenidas. Pola tarde, ás 17.40 h presentarán o libro de xoguetes no Escenario Sáhara.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies