Roberto Alonso e Samuel Diz, xuntos en Herbón

O violinista Roberto Alonso e o guitarrista Samuel Diz únense por vez primeira no Mosteiro de Herbón para compartir os seus traballos ao redor das músicas de Johann S. Bach (1685-1750), Frederic Mompou (1897-1987) e o galego Fernando Buide (Santiago de Compostela, 1980), tres creadores nos que o silenzo forma parte instrínseca do propio son. A cita é o próximo venres 18 de xullo ás 20.30 horas no II Festival de Música de Herbón. Sen dúbida será un concerto máxico cheo do talento destes dous grandes virtuosos galegos.

Para ir abrindo boca, botádelle un ollo ao vídeo do concerto que recentemente ofreceu Samuel Diz na Cidade da Cultura dentro do ciclo Atardecer no Gaiás.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies