Conseguir que os cativos xoguen con simples follas de castiñeiro é posible. E que ademais o fagan nun caluroso día de verán na praza da Quintana de Santiago, tamén. Como mostra, compartimos a imaxe do obradoiro no que os máis pequenos construíron un gorro de follas de castiñeiro esta semana. Grazas a Xoguetes naturais. Primavera-Verán, ti tamén podes conseguir que os pícaros que te rodean, volvan a construír as súas argalladas na e coa natureza.