O 2 de abril de 1851, Antonio Casares iluminou con luz eléctrica a noite compostelá. Foi a primeira experiencia deste tipo realizada no Estado. O pai da química moderna en Galicia realizou o seu experimento fóra do laboratorio nunha noite sen chuvia en Compostela, facendo así pública demostración das posibilidades da ciencia e da técnica, e avisando de que outro mundo era posible: o da luz na noite.
Este acontecemento histórico é narrado con todo detalle no libro Antonio Casares Rodríguez, a biografía máis extensa publicada até agora sobre o científico galego máis importante do século XIX.