Samuel Diz participa no Festival “John Whibley”

Xa temos a Samuel Diz en terras francesas para participar no Festival de Música de Cámara “John Whibley”, que se desenvolve até o 10 de xuño na poboación de Cucugnan. A súa actuación, xunto á violinista Sarah Sexton e o tamén británico Callino Quartet, terá lugar mañá venres, 5 de xuño, ás 20.30 horas. Samuel Diz aproveitará a ocasión para presentar un novo proxecto dedicado ao compositor británico Reginald Smith-Brindle e a súa inspiración na obra literaria de Federico García Lorca, ademáis de interpretar pezas do seu álbum “Guitarra Clásica Galega“.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies