Ondas martenot, o grupo creado para o Ano Lois Pereiro, pon a libre disposición para descarga nesta páxina os seus tres temas musicais en MP3. E nós animámonos a lanzar unha oferta especial e moi limitada no tempo. Desde hoxe e até o próximo venres día 20 de xuño, podedes facervos coa Fotobiografía Sonora de Lois Pereiro, cun 50% de desconto, por só 22 euros. A promoción está dispoñible só a través da nosa web, pinchando aquí, podedes acceder directamente á páxina de compra.