Charla-concerto sobre Eugenia Osterberger

O  Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela acolle hoxe xoves, ás 19.00 horas, unha charla-concerto baixo o título de “Eugenia Osterberger, unha compositora galega na Belle Époque”. As investigadoras Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos serán as encargadas de achegar o perfil biográfico e de analizar a relevancia da creación artí­stica desta artista compostelá, descoñecida para o gran público. A soprano Susana de Lorenzo interpretará varias pezas da compositora, acompañada ao piano por Beatriz López-Suevos.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies