O Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela acolle hoxe xoves, ás 19.00 horas, unha charla-concerto baixo o título de “Eugenia Osterberger, unha compositora galega na Belle Époque”. As investigadoras Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos serán as encargadas de achegar o perfil biográfico e de analizar a relevancia da creación artística desta artista compostelá, descoñecida para o gran público. A soprano Susana de Lorenzo interpretará varias pezas da compositora, acompañada ao piano por Beatriz López-Suevos.