Celebramos o II Encontro de Cociña Solar en Lugo o pasado sábado con moi bo sabor de boca. Cociñamos e servimos comida para 30 persoas e xa estamos a pensar na terceira edición deste encontro. Fíxonos ademáis moita ilusión saber que un dos participantes -que repetía por segundo ano consecutivo- está decidido a montar un clube solar en Lugo. Todo o noso apoio para estes pioneiros.