O debuxante das argalladas

Destacamos hoxe o traballo de José Manuel García Fernández. Unha das dúas metades que soñaron e crearon o fermoso caderniño de xoguetes naturais que chegará ás librarías a próxima semana. El é o autor dos preciosos deseños que ilustran as fichas e permiten visualizar o paso a paso da construción das argalladas. Traballador nunha carpintería de mobles en Lourenzá (Lugo), combina este labor co debuxo e coa talla de madeira. No seu tempo libre realiza reproducións de xoguetes tradicionais, investiga no patrimonio lúdico e esparexe o seu saber realizando obradoiros de xoguetes para colexios ou asociacións.

Xosé López González e José M. García Fernández son os autores de Xoguetes naturais. Argalladas dos Pícaros. Primavera-verán.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies