A autora da Historia da Música en Galicia, Lorena López Cobas, participará o próximo venres no I Simposio sobre Investigación Musical en Galicia que acolle o Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Abrirá a segunda xornada do encontro cunha charla titulada “Cara unha actualización pedagóxica da Historia da Música nos conservatorios: novos retos e perspectivas de futuro”. Podedes ver o programa completo do simposio e máis información, aquí.