Galicia conta con 5.440 empresas culturais

O Consello da Cultura Galega vén de publicar un informe que nos debuxa o mapa actual da industria cultural galega. Presenta en primeiro lugar, a información dispoñible relativa a 5.440 empresas culturais, segundo a actividade económica que desenvolven, e en comparativa con outras comunidades autónomas. Tamén ofrece datos do Directorio Central de Empresas do Instituto Nacional de Estadística (INE) e da Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil que realiza o Instituto Galego de Estatística (IGE). En segundo lugar, para aquelas actividades nas que foi posible, achegáronse determinados agregados económicos tales como volume de negocio, valor da produción, valor engadido bruto a prezos de mercado, remuneración dos asalariados, consumos intermedios e excedentes de explotación a partir das Contas Económicas de Galicia do IGE. O informe completo, aquí.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies