Dobre presentación do libro “Xoguetes naturais. Primavera Verán”

Por fin podemos anunciar a dobre presentación do libro “Xoguetes naturais. Primavera-Verán” para esta fin de semana. O sábado 31 de maio, ás 14.00 h, os autores presentarán a súa obra no marco do VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais en Cabreiros (Xermade), organizado por Brinquedia. E ao día seguinte, domingo 1 de xuño, ás 13.30 h, presentarana na VI Festa dos Xogos Tradicionais en Muimenta (A Pastoriza) que organiza XOTRAMU. Ademais de presentar o libro que inclúe un total de 30 “argalladas”, Xosé López González e José M. García Fernández impartirán obradoiros de elaboración de xoguetes naturais tradicionais. Aptos para “pícaros” de todas as idades, non volos perdades!

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies