Concerto-didáctico de Samuel Diz en Allariz

 

O guitarrista Samuel Diz ofrece o concerto-didáctico “A música de Bal y Gay” este xoves 15 de maio, ás 20.30h na Fundación Vicente Risco de Allariz. O evento forma parte dos actos das Letras Galegas que organiza a Fundación. En palabras de Samuel “Bal y Gay será o protagonista principal deste lusco e fusco alaricano, no seu contexto da ‘Generación del 27′ e a súa inédita Pastoral para guitarra, xunto á obra de Manuel de Falla, Rosita García Ascot e Federico García Lorca; non podendo esquecer a contemporánea homenaxe de Fernando Buide coa súa obra Nocturnal (Bal y Gay), gravada no disco Guitarra clásica galega editado por Ouvirmos en 2012″.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies