O guitarrista Samuel Diz ofrece o concerto-didáctico “A música de Bal y Gay” este xoves 15 de maio, ás 20.30h na Fundación Vicente Risco de Allariz. O evento forma parte dos actos das Letras Galegas que organiza a Fundación. En palabras de Samuel “Bal y Gay será o protagonista principal deste lusco e fusco alaricano, no seu contexto da ‘Generación del 27′ e a súa inédita Pastoral para guitarra, xunto á obra de Manuel de Falla, Rosita García Ascot e Federico García Lorca; non podendo esquecer a contemporánea homenaxe de Fernando Buide coa súa obra Nocturnal (Bal y Gay), gravada no disco Guitarra clásica galega editado por Ouvirmos en 2012″.