Apoio aos nenos saharauis desde Rianxo

 

Compartimos unha imaxe do lote que enviamos á asociación Solidariedade galega co pobo saharauí (Sogaps), á súa delegación de Valga. O material estará á venda esta fin de semana na Romaría Popular que organiza o CEIP Ana María Diéguez en Rianxo. É o noso pequeno gran de area, vós tamén podedes achegarvos até a romaría e colaborar con Sogaps, que recauda fondos co obxecto de poder pagar os avións que han de traer no verán a centos de nenos e nenas saharauis a Galicia. Parabéns polo seu labor!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies