A biografía de Casares no Caderno da crítica

Ramón Nicolás recolle no seu blog Caderno da crítica a reseña da obra “Antonio Casares Rodríguez. Biografía” de María Luisa Losada Sanmartín. Reproducimos o texto, publicado orixinalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia:

O xénero da biografía está de sorte entre nós pois o selo lucense Ouvirmos bota a andar unha serie que rescatará a vida e obra de personaxes que contribuíron a iluminar o noso pasado. A estrea non podía ser mellor pois Mª. Luísa Losada realiza un rigoroso, fluído e completo traballo sobre Antonio Casares Rodríguez: un dos grandes científicos galegos do século XX, responsable de sintetizar o cloroformo, pioneiro na análise de augas medicinais ou descubridor de novos minerais, entre outros logros. 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies