Máis de 500 empresas secundamos o Foro Reimprímete

Estaremos presentes hoxe, Día Mundial do Libro, no acto de lectura do manifesto de convocatoria e constitución do Foro Reimprímete, secundado por máis de 500 empresas. Unha iniciativa da Asociación Galega de Editores e do Clúster Gráfico e do Libro Galego que reivindica a importancia cultural, educativa e socioeconómica do papel, do libro e da propiedade intelectual dentro do proceso de hibridación que se establece coa intervención dos novos soportes tecnolóxicos. O acto terá lugar na rúa do Vilar, 19, en Compostela ás 11.00 h e a lectura do manifesto correrá a cargo da escritora Rosa Aneiros. Feliz Día do Libro!

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies