Vinilos singulares 2: “Agrupación Coral Endesa”

Segunda parada da nosa viaxe pola nosa colección de Vinilos Singulares. Esté é o primeiro disco (Columbia, 1977) dunha curiosa formación auspiciada pola empresa Endesa.

A Agrupación Coral Endesa estaba integrada por unhas 50 voces, maioritariamente traballadores das Minas e da Central Térmica das Pontes de García Rodríguez que dedicaban o seu tempo de lecer ao canto. Fundada no 1974, ofreceu con grande éxito o seu primeiro concerto o 1 de maio dese mesmo ano. A este, seguiríanlle moitos outros así como participacións en diversos certames, recoñecementos e máis discos até a actualidade.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies