Ouvirmos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Cociñando contos“. Baixo este lema abre o o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra o próximo venres 14 de marzo. Ouvirmos estará presente nesta edición co obradoiro-show “Planea a túa festa!” o sábado 15 ás 11.30 h. Un taller dirixido a maiores de 6 anos que queiran converterse en anfitrións da festa máis orixinal e divertida. Baseado no libro “Menús para festas“, lembrámosvos que tedes á vosa disposición nas librarías os oito títulos publicados da colección de Cociña infantil e familiar.

Podedes consultar o programa completo do Salón do Libro Infantil e Xuvenil aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies