Aquí vai unha imaxe do obradoiro-show de planificación de festas que organizamos o sábado no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Foi un pracer compartir un tempo de xogo e aprendizaxe cos nosos pequenos e intrépidos ‘anfitrións’. O Salón segue aberto até o próximo día 5 de abril e como sempre convidámosvos a asistir e mergullarvos nun fantástico escenario cheo de actividades. Alí seguen “cociñando contos”, non volo perdades.